O Pazo de Esperante está situado no concello de Carral, na parroquia de Quembre no lugar de Esperante. Está separado de Cerceda polo monte Xalo e goza dun aire rústico. Trátase dun volume paralelepípedo disposto en dúas plantas. Na mesma propiedade engádense dous edificios con función de hórreo-cocheira, e unha casa de pedra recén restaurada que era onde vivían os que coidaban tanto o pazo como os que se encargaban da xardinería ou dos traballos que tiveran que facer. Os materiais empregados son pedra de cachotería e a tella árabe do tellado. A destacar tamén os escudos que se atopan na entrada do pazo, a ambos os lados do portal, e un fermoso xardín que conta con numerosas árbores e plantas,así como dunha piscina. Todo o pazo está rodeado por unha muralla de pedra. Cerca do pazo atópase tamén a igrexa de San Pedro de Quembre, do s.XIX con planta de cruz latina e dúas capelas laterais. O Pazo de Esperante atópase nun perfecto estado de conservación, ao igual que o seu xardin
.

